Pazo de Familia
Capítulo 25
25/05/2015 22:00 h
Matou Sofía Salgado o seu primeiro marido? A investigación policial á que agora é a muller de Emilio saca á luz novos datos sobre o seu pasado, tan novos que o propio Emilio se cuestiona se realmente a coñece.
Por outro lado, un anuncio para a televisión enfronta de novo na empresa de publicidade a Claudia e a Daniel. Iria sabe iso que din de que os amores canto máis rifados, máis queridos e decide actuar en consecuencia. Ademais, a secretaria e Emilio lembran unha aventura amorosa entre eles.
A que non está para amores é Sara e non só para verse na obriga de ser protagonista no anuncio de televisión, para a envexa de Marisiña. Para a cociñeira chegou o momento de tomar unha decisión firme con respecto á voda con Baltasar.