CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 247: Pai espiritual

13/02/2011 22:00 h

Elías sente a chamada do Señor. O taxista parece un home novo, comportándose como un santo e axudando a todos en Santalla ante o asombro dos seus veciños, sobre todo de dona Elvira e don Venancio, quen ve perigar o seu posto de sacerdote ante a nova faceta do seu veciño.

María parte cara a Vilariz para afrontar o seu novo posto como directora da escola. Laura e os nenos prepáranlle unha despedida moi especial, mentres que Marcos está cada vez máis enfurecido vendo afastarse á súa noiva. As mulleres seguen traballando con ganas as terras do invernadoiro, cousa que a Pedro non lle fai ningunha graza. Álvaro, seguindo as ordes do seu patrón, intentará por todos os medios pescudar que quendas seguen as mozas para atemorizalas con algunha das súas.

Pedro ofrece un acordo aos socios do invernadoiro: retirará a demanda a cambio dunha suculenta cantidade, pero hai algo co que non contaba. Celia regresa a Santalla disposta a testificar no xuízo contra o desaparecido don Román, o que salpicaría a Pedro e terxiversaría os seus plans de poder.

Atopar capítulo por: