CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 246: Descanse en paz

06/02/2011 22:00 h

A marcha de María a Vilariz deixa a Marcos inmerso nunha profunda tristeza, non entende o por que da decisión da súa noiva.

O novo traballo de Álvaro no bar non parece ser precisamente do seu agrado, polo que cando Pedro lle ofrece regresar ao seu lado non o pensa nin un minuto aínda que, desta vez, será el quen impoña as súas regras. Elías decide seguir o exemplo das mulleres do pobo e cultivar as súas propias flores para sacar uns cartiños, aínda que a cousa non será tan doada como el
imaxinaba.

Mentres tanto dona Laura recibe unha terrible chamada que removerá todo Santalla: don Román apareceu morto en Portugal. Todo o pobo recorda ao seu alcalde. Algúns o fan con máis agarimo que outros, pero aínda que don Román nunca espertou precisamente simpatías, todos deciden apoiar a Laura e a Marcos neste terrible momento.

Atopar capítulo por: