CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 245: A pedida

30/01/2011 22:00 h

Por fin chega o día da pedida de man. Sara e Laura están nerviosas pola futura voda dos seus respectivos fillos, en cambio os nervios de María parecen vir doutra banda, e non precisamente pola felicidade. As dúbidas asaltan á moza que se mostra insegura do paso que vai dar. Sorprendentemente atopa na súa futura sogra á súa mellor aliada, ante a incredulidade de Marcos. Doutra banda, Sara tivo unha idea brillante para sacar adiante o invernadoiro. As mulleres do pobo móstranse entusiasmadas ante a idea de poder axudar aos seus maridos traballando as terras de Santalla.

Elías e don Venancio seguen facendo das súas, protagonizando esta vez unha divertida situación entre viño e chourizos.

Mentres tanto, a paciencia de Pedro esgótase ao atopar a Álvaro inconsciente e bébedo na alcaldía, polo que decide deixar de ampararlle e bótao do seu carón.

Atopar capítulo por: