CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 244: Traxe de segunda man

23/01/2011 22:00 h

A publicación na prensa da presunta implicación da cooperativa na sabotaxe do cargamento do barco fai decaer a moral dos socios. Pedro goza da situación ante os remordementos de Álvaro. Este sabe a quen se debe e pon a Laura sobre aviso respecto das intencións de Pedro.

Comezan a ter serios problemas no negocio xa que se están cancelando moitísimos pedidos. A publicación de Pedro está xurdindo o efecto desexado. Achéganse momentos difíciles para a sociedade. Non hai pedidos, sobra xénero e comeza a sobrar xente. Hai que tomar decisións duras.

Cosme fixo un pedido, un misterioso encargo que xera un malentendido. Carmiña cre que se trata dun traxe de segunda man para a voda de María. Así, para axudarlle, ponse mans á obra para que o vello Cabanas non gaste os seus cartos nun traxe. Todos buscan un traxe para Cosme. Cando chega o encargo do vello Cabanas, todos levan unha sorpresa.

Elvira continúa fantaseando con Álvaro. Don Venancio está preocupado pola súa máis querida beata.

As mulleres están inquedas en Santalla. María desafógase con Deli pola súa situación prematrimonial. Séntese manipulada. A súa tía compréndea. Falará con Laura. Sara quere buscarse unha nova ocupación, ten ideas e quéreas sacar adiante.

Atopar capítulo por: