CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 243: Enredantes

16/01/2011 22:00 h

María non sabe como desafogar o seu malestar. Todo o mundo está tomando decisións respecto da súa vida menos ela. A organización da pedida, da voda, da elección dos mobles, a súa propia casa. Non ten as cousas tan claras. Ve como a súa vida está tomando uns camiños que non lle gustan nada. Quere ser dona da súa propia vida e estanlla institucionalizando.

A súa nai tampouco anda moi ben de ánimo. Desde a conversación con Manuel sobre as súas tentacións, algo lle cambiou. Ademais, séntese prisioneira. Quere traballar, facer algo útil que reconduza o sentido da súa vida. Á súa filla parécelle estupendo.

De non ser por unha providente intervención de Álvaro, Laura acabaría moi mal a mans de Pedro. A presión sobre a mestra é enorme. Ademais, o alcalde recorreu aos tribunais para aclarar o asunto do afundimento do barco en detrimento da cooperativa. Pero a Pedro as cousas tampouco lle van a saír a pedir de boca.

Os rumores acerca de Elvira e Álvaro non cesan. Cando el lle conta que salvou a Laura das mans de Pedro dispáraselle a imaxinación vendo a Álvaro como un heroe que a rescata da súa triste vida.

Elías, Milucho e Carmiña prepáranlle unha trampa a Elvira para saír de dúbidas respecto do seu namoramento-affaire con Álvaro. Don Venancio non as ten todas consigo respecto ao invento; e con razón.

Atopar capítulo por: