O Faro, cruce de camiños
Capítulo 243
03/04/2015 15:45 h
Erea usou as súas armas para conseguir o pase permanente de Lucía das mans de Damián. Xa ten todo o que necesita para encontrar a Ricardo e destapar o gran segredo de Lucía. Damián séntese moi mal e quere contarlle o acontecido a Ánxela.
Na familia Torres, Ana ameaza a Arturo, ten que contarlle a situación real da empresa a Gaspar. Arturo non quere enfrontarse a esa situación e Ana acaba marchando da casa. Patri comeza a buscar a Hugo coa axuda de Ana, as dúas mulleres entablan unha bonita amizade.
Nos Samáns, Víctor quere ser o arquitecto da obra do complexo, pero Carme xa lle asignou a outro arquitecto ese proxecto.