CRTVG

Buscar

O Faro, cruce de camiños

Capítulo 242

02/04/2015 15:45 h

Gonzalo dálle unha mala nova a Lidia: está pensando en marchar traballar ao estranxeiro. Lidia séntese moi mal e témese o peor, que a súa relación con Gonzalo remate.

Iván e Luis están pendentes dos resultados das probas de ADN. Mentres, Iván quere convidar os Muñoz a unha cea para agradecerlles o ben que o trataron durante ese tempo. Luis sabe que Iván non ten cartos para pagar unha cea, pero Iván xa ten pensada unha solución a ese asunto.

Ricardo e Lucía están máis unidos ca nunca ante as adversidades e coinciden en que queren pasar máis tempo xuntos no futuro. Erea vai ao Faro para conseguir información sobre o paradoiro de Ricardo. Alí, encontra a Damián, que está moi recepcivo con ela, xa que lle gusta a rapaza. 

Atopar capítulo por: