Libro de familia
Capítulo 241: Un roto para un descosido
A proposta de matrimonio de Marcos a María emociona e descoloca á moza Cabanas. Terá que pensalo seriamente. Na súa familia a noticia non deixa a ninguén indiferente. María xa tarda en dar unha resposta ante a desesperación de Marcos.
O anel de pedida é tan bonito que Carmiña quere que María llo preste. Ante a negativa desta, Carmiña afirma que xa ten un e que non precisa outro. Pero agora terá que demostrar a existencia dese anel. Elías conseguirá un á conta de Elvira, da relación de Carmiña cos Cabanas e dos seus propios dedos.
O naufraxio do barco afundíu a Pedro. Está arruinado. Freire non lle quere contar todo o ocorrido a Pedro. Aínda así, o alcalde non quedará de brazos cruzados. Iniciará unha investigación para esclarecer os feitos. A sospeita de que houbese unha sabotaxe pon en garda a Pedro e dálle ánimos para seguir pelexando polo que considera seu. A sombra de Don Román séguese cernendo sobre Santalla.
Elvira sofre un accidente doméstico cun enchufe na mercería. Case leva a Álvaro con ela cando este intentaba salvala. Tras o suceso, cousas da electricidade, a relación entre ambos cambia. Comeza a ser máis intensa.
Sara non está tranquila respecto de Manuel durante o tempo no que estiveron separados.