CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 240: Postizos e perrucas

19/12/2010 22:00 h

O regreso de Sara cambiou as cousas. Agora todos están moito máis contentos. Excepto Manuel. Non está cómodo e non mostra nin alegría nin agarimo. Sara sospeita del, sospeita dalgunha posible aventura durante a súa ausencia. A dúbida está sementada. Manuel terá que cambiar de actitude.

Elvira recupera a trenza de Mariví e Don Venancio suxírelle que a doe a unha santa. Pronto lle fan ver que pode facer negocio co pelo e comeza unha cruzada para recompilar pelo de todo aquel que se poña a tiro das súas tesoiras. As perrucas están de moda.

Marcos é consciente de que meteu a pata con María. Agora ten as cousas claras e ten algo moi serio que proporlle. Unha cea organizada pola súa nai para os dous mozos servirá para que Marcos expoña as súas opinións.

Pedro puxo todas as súas cartas sobre a mesa ante Celia. O que non sabe el é como llas gasta a secretaria. O barco comezou a súa singradura co cargamento dos invernadoiros rumbo a  Alxeciras. A sombra de Don Román se cerne sobre Santalla de novo.

Atopar capítulo por: