CRTVG

Buscar

Matalobos

Capítulo 24: Paradoiro descoñecido

12/01/2010 22:25 h

Que foi de Arturo Campos e do diñeiro? Ninguén na Sardiñeira sospeita que Diego Dourado asasinou o avogado. Carmelo Matalobos e Adriana Calderón son inimigos mortais, pero ambos os dous atópanse, sen sabelo, subidos no mesmo barco. Os dous buscan o traidor dunha historia nada clara. De quen resolva o misterio antes dependerá a vida de Iván, o benxamín do clan máis famoso da Sardiñeira.

Pepe Viaño, unha das fichas clave nesta historia, segue hospitalizado e a súa vida corre perigo. A Garda Civil observa ao seu redor, á espera de calquera pista sobre o acontecido. Mentres tanto, a situación de Iván é cada vez máis precaria. Golpeado e sen apenas moral, o mozo atópase á vontade dos seus raptores. O seu futuro é cada vez máis incerto e esgótase a conta atrás iniciada por Adriana Calderón.

Ademais, o clan dos Matalobos empeza a tambalearse: Bárbara confía máis na Garda Civil que en seu home para recuperar a seu fillo; e Claudia empeza a sentir máis simpatía polas que ela considera vítimas de seu irmán, que polo seu propio sangue.

Atopar capítulo por: