CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 24: O retrato

16/08/2015 22:00 h

Poucos coñecían o pasado artístico de Berto. Antes de ser profesor de plástica, viviu unha época na que pintaba cadros e facía exposicións acompañado polo seu compañeiro e amigo Fidel, que agora é comisario de arte. O seu amigo está a organizar unha exposición e convidou a Berto a que achegase algunha obra, así que, tras unha longa tempada sen pintar, quítalle o po aos seus antigos materiais e ponse diante do lenzo en branco e... non pasa de aí. 

A frustración do bloqueo de artista apodérase de Berto, e chama a Luci para pedirlle un retrato que fixo dela espida na ducha depilándose. A Fidel gustoulle tanto o cadro que a converte na imaxe principal da exposición. Finalmente, a exposición é todo un éxito e o cadro titulado “Luci na ducha” é a obra mestra da exposición.

Vendo o éxito que tivo a pintura de Berto, Fidel proporalle facer unha exposición con cadros só pintados polo artista e cadros novos, feitos agora. Berto porase de novo diante do lenzo en branco sen resultado. Para xustificar ese bloqueo de artista e saír do paso, o profesor de plástica inventa unha escusa que pon moi furioso a Fidel. Este deixa ben claro que se vai encargar de que Berto non expoña na cidade.  

O único positivo que se tira de todo isto é que o “Luci na ducha” queda colgado no salón da protagonista a pesar das reticencias de Hadri. 

Atopar capítulo por: