CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 24: Final de xogo

07/08/2005 22:00 h

Manuel, Elías e Pancho están presos pola revolta do monte da mina. En casa dos Cabanas todos están moi preocupados por eles. Sen embargo, os detidos só lles importa atopar o xeito de poder escoitar a final da copa de Europa na que xoga o Madrid.

Freire non soporta máis os problemas cos seus fillos, coa mina e con Deli, polo que dase á bebida; Adela, que segue tras de Tomás, tenta convencelo de que negocie con éste, pero Freire non entra en razón. Finalmente, Adela acaba descubrindo que Tomás é seu irmán e alporízase de mala maneira.

A Deli tampouco lle van mellor as cousas. Román intenta abusar dela e ten que fuxir da casa dos Lamela. Volve para a casa de Sara e Manuel, pero ela non se quere quedar alí e terá que buscar outro traballo.

Atopar capítulo por: