CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 24

18/05/2015 22:00 h

Xa recoñecido como fillo lexítimo por César, Nino pasa da cociña do servizo á mesa principal dos Pardo Veiga.

Mentres tanto, a policía písalle os talóns a Sofía Salgado pola desaparición do sarxento Bascuas. No holding, a muller está contra as cordas polo afán de poder de Carlos e Luís, quen ademais a ameaza con contarlle a Emilio a súa infidelidade. A presión acabará por sacar á luz cuestións do pasado de Sofía descoñecidas por todos.

A piques de perder tamén o holding empresarial, como xa sucedera co xornal, Emilio busca alternativas de negocio alén de proxectos aos que dedicar o seu tempo. Unha oferta para encargarse dunha campaña de publicidade para unha marca de coches acabará por enfrontalo profesionalmente a Daniel, que non é quen de seguir traballando con Claudia.

Por outro lado, con tal de converterse na elixida de dona Leonor para facer un curso en Madrid, Marisiña non dubida en quitar a competencia de Rita sexa como sexa, aínda que para iso teña que provocarlle unha forte alerxia co gato que Lolo recolleu da rúa.

Atopar capítulo por: