Libro de familia
Capítulo 237: Herdeiros de risa
A situación entre Manuel e Deli cada vez é máis complicada. Se senten moi preto o un do outro aínda que saben que a súa relación é imposible. A presión é tal que Deli, desesperada, refúxiase na igrexa ante un atónito Don Venancio. Tomás intenta facer entrar en razón a Manuel, pero é inútil. Freire faise cada vez máis presente e intentará reconducir a súa relación cara á normalidade. Celia advirte a Tomás de que a súa presenza en Santalla ten os días contados. Ante isto, a súa paixón crece. Os vínculos entre Celia e Don Román poñen en garda a Laura, que lle pedirá explicacións. Quedará máis tranquila ao saber para quen traballa a moza.
Unha veciña do pobo, Ramona, faleceu e deixou uns herdeiros inesperados. Supúñaselle unha considerable fortuna e Elías e Don Venancio son dous dos tres herdeiros. Hai un terceiro ao que tardarán en darlle a boa nova. Pero para poder gozar da substanciosa herdanza Ramona dispuxo unhas condicións; haberán de pasar unha proba ou do contrario non herdarán.
María está desairada respecto de Laura. Marcos intenta facer de intermediario pero parece inútil. Ademais, Laura dálle a María unha noticia que lle acae como unha xarra de auga fría.
Celia proponlle a Pedro que o envío da mercancía dos invernadoiros a Alxeciras o fagan por barco. Por seguridade e velocidade. El farase cargo dos custos adicionais, que non son poucos. O risco, nas circunstancias esbozadas por Celia, é máximo.