Libro de familia
Capítulo 236: Clases para adultos
María lesionouse un pé durante a súa excursión didáctica. A reacción de Laura contra a súa ex alumna predilecta sorprende a todos. Pareceulle fatal e unha irresponsabilidade saír das aulas para impartir unha clase. Móstrase moi dura con ela. Marcos intenta mediar entre elas e suxírelle a María que se ofreza para facer tarefas de tipo administrativo na escola.
Como no pobo hai moito ignorante Elvira propón transformar o bar na academia de Dona Elvira, para así alfabetizar aos pobres ignorantes dos que se ve rodeada. Don Venancio e Elvira competirán como mestres e os aldeáns competirán académicamente por un premio. Os mestres teñen aos seus alumnos preferidos claro, e poranlles as cousas máis fáciles. O seu prestixio está en xogo.
Celia mostrou as súas cartas a Tomás. Agora o fillo do indiano xoga con vantaxe fronte a Pedro. Sabe que Celia está na súa contra. Terá que utilizar ben a súa man para favorecer á sociedade e continuar o seu affaire con Celia.
Armandiño está enfermo e isto serve de pretexto para que as cousas entre Freire e Deli empeoren. Freire se sente apartado e algo inútil. Manuel preocúpase en exceso por Deli e por Armandiño. Todo está moi turbio e Cosme quéreo aclarar. Falará con Tomás para polo sobre aviso.