Libro de familia
Capítulo 235: Lonxe de vista
Todos murmuran na vila acerca das posibles aventuras de Senén lonxe de Santalla e de Elvira. Esta encargoulle a Elías que vaia e recoller un paquete coa máxima celeridade. A curiosidade do taxista e de Carmiña non ten límites. O contido do paquete non será do agrado de Elvira que caerá nunha depresión vingativa.
Manuel esíxelle ao seu pai que solucione as cousas con Deli. Non é quen para inmiscirse na vida do seu fillo. Cosme faille caso, pero ao seu xeito. Loitará para que as cousas volvan ao seu sitio e que mellor xeito que facer que Sara, aínda na distancia, estea cada vez máis presente.
Entre Pedro, Celia e Don Román as cousas cada vez complícanse máis. A figura de Celia adquire unhas tinguiduras máis complexas. Ademais, o seu affaire con Tomás, parece que pode, dalgún xeito, influír no devir da sociedade dos invernadoiros.
María quere innovar. Quere expor unha clase ao aire libre para que os nenos aprendan directamente da natureza, sen intermediarios. A Laura, nun primeiro momento non lle parece ben pero acaba cedendo. Os resultados do experimento pedagóxico serán unha proba de lume para María.
Pedro negocia duramente a súa participación na sociedade dos invernadoiros. Como cabía esperar, Pedro quere máis poder do que ofrecen. É momento de negociar.