CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 234: Anuncios por palabras

07/11/2010 22:00 h

Cruzada para salvar Santalla da tentación dos anuncios por palabras de "señoritas".

A propósito do historial amoroso de Álvaro, que evidentemente parece inexistente, Elvira e D. Venancio decátanse de que os anuncios por palabras dos xornais están cheos de servizos de "señoritas", así que pronto comeza unha cruzada para desfacerse de todos os xornais e así salvar a vila da tentación que estes textos implican. Ao mesmo tempo, aparece no bar unha "muller de vida alegre" á que alguén chamou pero á que ninguén recoñece ter citado.

Namentres, Freire quere loitar por sacar adiante o seu matrimonio con Deli, pero esta ten o corazón máis preto de Manuel. Canto ao negocio dos invernadoiros, os números mandan e Marcos, consciente disto, teima na necesidade de ter só un socio capitalista para os invernadoiros, mentres que os socios discuten para valorar a conveniencia da entrada de Pedro, o alcalde, na sociedade.

Doutro lado, algo se move na cabeza de María, que ve como o traballo na escola se fai moi monótono, así que pensa en novos modelos de ensino que a Laura, a súa mentora, non lle parece ben cambiar.

Atopar capítulo por: