CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 233: Aniversario infeliz

31/10/2010 22:00 h

Como se ignorase as diversas convulsións que está a vivir a vila de Santalla, o párroco D. Venancio decide organizar unha colecta para facerlles un agasallo a Deli e a Freire con motivo do seu aniversario, xustamente nun momento en que non anda demasiado ben o seu matrimonio, pois a tensión afectiva entre ela e Manuel Cabanas vai medrando. Pero o encargado de recoller
o regalo, o taxista Elías, comete un erro, que intentará arranxar coa axuda de Carmiña. Tampouco a relación entre Cosme e o seu fillo Manuel atravesa o mellor momento, pois o pai non dá creto ao comportamento deste con Deli e pretende educalo como se fose un rapaz, algo que el non está disposto a consentir.

Namentres, Román négase a vender a súa parte da casa a Pedro e, coa axuda de Álvaro, segue a pensar en como desfacerse do alcalde, intentando manipular os cables do coche para que pareza un accidente... Doutro lado, a nova secretaria, Celia, desprega todos os seus encantos e parece ter dominado a Tomás, dando a sensación de que o fillo do indiano perde o control sobre a súa
relación profesional no asunto dos invernadoiros.

Atopar capítulo por: