CRTVG

Buscar

O Faro, cruce de camiños

Capítulo 233

20/03/2015 15:45 h

Lidia dálle veracidade ás palabras de Begoña e cre que Gonzalo estivo a enganala.  Gonzalo entende que o comportamento distante de Lidia ten que ver con Begoña e plántalle cara a súa ex-moza. A nai de Ana enferma e Ana quere levala á casa para coidala mellor, pero Arturo oponse e isto provoca unha discusión moi forte entre a parella. Hugo leva todos os días traballando pola noite para conseguir os cartos que Patri precisa para pagar os impostos, pero este traballo nocturno fai imposible que o músico compoña os temas do disco e cada vez lle queda menos tempo. Iván xa está farto de que Lola non sexa honesta con el. Nai e fillo enzárzanse nunha dura disputa.

Atopar capítulo por: