CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 232: A honradez tiña un prezo

24/10/2010 22:00 h

A vida nova de Santalla está a cambiar ao máis pintado e Manuel Cabanas xa non é o labrego tímido que era tempo atrás quedando na casa, senón que vai de xolda xunto a Freire e Tomás á casa deste. Pero Cosme está indignado con Manuel porque cre que non é a actitude axeitada dun home feito e dereito como é o fillo. Amais, Manuel decátase de que perdeu a carteira con todos os cartos necesarios para mercar unha neveira, o que supón toda unha fortuna para os Cabanas, e tamén comeza a sentir unha atracción cada vez maior por Deli. A perda dos cartos crúzase cos desexos de Elías, o taxista, de facerse rico, pois está a piques de caer na tentación de quedar coa carteira que atopou no chan. Doutro lado, o alcalde Pedro, que xa é socio capitalista da sociedade dos invernadoiros, segue a premer a Laura, que, desesperada, fala con Román para concertar a venda da súa parte da casa a Pedro.

Atopar capítulo por: