CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 231: Ovos de dúas xemas

17/10/2010 22:00 h

A vila de Santalla amence cunha nova que acontece cando Carmiña, que ten unha galiña choca, necesita conseguir un galo da súa categoría e a solución pasa polo párroco, D. Venancio, que ten un galo chamado Sansón que nunca falla, tanto é así, que Carmiña consegue que a súa galiña poña ovos con dúas xemas, cos que intentará facer negocio. Doutro lado, despois do regreso de Freire, a relación de Deli con el é cordial pero distante, así que a nova situación contribúe a que ela se achegue aínda máis a Manuel Cabanas, que tamén está só mentres Sara continúa co seu fillo Pablo no seminario. O labrego parece cambiado e acepta ir con Tomás de xolda.

Entremedias, Laura escoita as intrigas de Pedro con Celia, a nova secretaria, para prexudicar os socios dos invernadoiros e pono en coñecemento de Freire e Manuel. Pola súa parte, María aínda non sabe a quen darlle o seu corazón, a Marcos ou a Tomás.

Atopar capítulo por: