CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 230: Sota de copas

10/10/2010 22:00 h

Un dos acontecementos que convulsiona a vida de Santalla é a noticia da morte de Inés, que causa un fondo pesar, sobre todo en Freire, que non atura a súa casa e marcha á de Tomás; ábrese así un novo capítulo na súa relación con Deli, quen encaixa con bastante dignidade a relación ilícita de seu home con Inés. Namentres, a vida da beata Elvira tamén se ve algo alterada polo baixón de ánimo que sofre e que intenta remediar bebendo unhas copiñas de máis... tantas que os veciños van aproveitar a situación para vingarse dela. Pedro, o alcalde de Santalla, ameaza a Álvaro con denuncialo por intento de asasinato, xa que ten os restos da botella como proba, e tamén quere desfacerse de Laura facendo que marche de casa cunha artimaña.

Amais, a presenza de Celia, a nova secretaria do concello, comeza ser un estorbo, sobre todo para Laura, pero tamén pola súa relación cos propietarios dos invernadoiros que non saben que pensar da atractiva muller...

Sara segue traballando de cociñeira no seminario onde está a estudar Pabliño e ten remorsos por non regresar a Santalla ao carón do seu home, pero por outro lado non se decide a deixar ao seu fillo.

Atopar capítulo por: