CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 23: A forza da unión

31/07/2005 22:00 h

Os Cabanas están alborotados por mor da volta de Manuel. As negociacións da mina entre Freire máis Tomás non chegan a bo porto. Román volve a sacar tallada da situación e inicia as expropiacións. Os labregos, que se senten indignados e enganados responden apedreando a Tomás. Pero Román segue adiante e as máquinas chegan ó monte, onde tódolos labregos, comandados por Manuel, lle plantarán cara ó cacique.

Freire non levanta cabeza. A relación coa súa filla é cada vez máis tensa, por culpa de Tomás, pero non se atreve a sincerarse con ela e contarlle que él tamén é fillo del... Ademais ve como se lle escapa o amor de Deli que non pode aceptar a súa proposición de ir a vivir con el.

Atopar capítulo por: