Pazo de Familia
Capítulo 23
O gran segredo agora desvelado marcará un antes e un despois non só para Nino, resolto a vingarse de César por privalo da compaña da súa nai, senón tamén para Rita e para o resto da familia Pardo Veiga.
Pero os tempos son convulsos non só a nivel familiar. Tendo a Mónica como inimiga no holding, Sofía está máis contra as cordas que nunca. A empresaria é capaz de calquera cousa para manter o mando do grupo. Serao tamén de ceder á chantaxe sexual de Luís se iso a beneficia? Mentres, Emilio ignora o que acontece coa súa muller e pensa que se arriscou de máis co proxecto do balneario, polo que está disposto a abandonalo. É hora de que Claudia e Daniel actúen, se é que conseguen deixar de lado unha atracción entre ambos os dous que ameaza tamén con afectarlles ás súas respectivas parellas.
Co pazo familiar así de axitado e con Sara máis obnubilada que nunca por Emilio, non é de estrañar que dona Leonor teña queixas do seu servizo doméstico. Marisiña pensa que é ela a que ten máis papeletas de ser despedida, así que se decide a facerlles a rosca aos señores, entre os que agora tamén se atopa Don Nino.