CRTVG

Buscar

Viradeira

Capítulo 23

17/04/2018 22:30 h

Por fin chegou o gran día en “Viradeira”. Dorneda acolle a voda do ano, en que se unirán en matrimonio Carmela, a dona do mesón, e Héctor, o científico que chegou á vila na busca dun tesouro e que semella que se fixo co máis valioso de todos. Pero, lonxe de ser un día tranquilo para os noivos, os problemas xurdirán a cada paso.
E é que Héctor está enfadado coa súa nai por ocultarlle a separación do seu pai e agora non quere que asista á cerimonia. Pola súa parte, Carmela está pensando en hipotecar o seu negocio para pagar a fianza do seu pai e conseguir que Manel saia do cárcere. Está tan preocupada con este asunto que nin sequera ten moi claro en que vai acabar o da voda.
Por outro lado, en Dorneda celébranse eleccións municipais o mesmo día, polo que os convidados están un pouco revoltos. Roxelio, o alcalde saínte, dubida da súa capacidade para vender o seu tío na loita pola alcaldía. Mentres, Encarna, a muller máis poderosa da vila, prepara un moi pouco lícito plan para, coa axuda de Macario e Chino, asegurar a vitoria de Muxo. Así que pode pasar de todo nas urnas.
Ademais, non hai que esquecer que continúa a busca do Augusta e que os “trangalleiros” dispoñen das coordenadas do pecio. Con Héctor entretido coa súa voda, esta vez non deixarán pasar a oportunidade de facerse co tesouro.

Atopar capítulo por: