CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 229: A nova secretaria

03/10/2010 22:00 h

A desaparición de Freire provoca o caos en Santalla. Aqueles que non saben o seu paradoiro especulan coas máis diversas teorías ata que Deli, farta de tanto disparate, ten que tomar cartas no asunto e desmentilos rumores. Freire, en Madrid, ten que ver con grande dor cómo a súa amada agoniza sen poder facer nada máis que acompañala no seu desenlace.

Así mesmo, chega á vila, Celia, a nova secretaria do Concello, unha curvilínea moza que debido á súa espectacular fisionomía provocará que os santalleses conflúan en masa para pagala contribución. O que non saben os veciños é que esta sensual e voluptuosa muller non é máis que outra peza nos plans de Pedro, que aproveitará a súa posición como alcalde para amolar aos socios do invernadoiro.

Atopar capítulo por: