Libro de familia
Capítulo 227: Mona de seda
27/06/2010 22:00 h
Cando Carmiña se laia de que non ten ocasións para ir aquelada, os veciños decátanse de canto a aprecian e deciden facerlle uns agasallos. Tanto secretismo leva a Elvira a pensar que ela será a homenaxeada, e a tremenda ilusión que lle fai lévaa a ofrecerlles aos veciños un convite para a entrega dos agasallos. Nin Carmiña nin Elvira imaxinan as sorpresas que lles agardan. Asemade, Pedro anda moi suspicaz para cos Lamela, e a aparición dun estraño personaxe na súa casa fai que afloren as súas sospeitas.
O que non sabe Pedro é que a quen trata de rastrexar é a Román, quen regresou á vila para encargarse de vellos asuntos.