CRTVG

Buscar

O Faro, cruce de camiños

Capítulo 227

12/03/2015 15:45 h

Hoxe, Luis quere que Iván viva no piso con eles, pero Erea non está disposta a meter a un descoñecido na súa casa. A Ricardo tampouco lle gusta Iván e comeza a sospeitar del.

Lidia confecciona unha lista coas cousas que lle gustaría facer con Gonzalo, quere saber se hai algo que o médico non fixera cunha muller. Ánxela descobre que na cidade na que está vivindo Lucía só hai unha escola de cociña e decide chamar para preguntar pola súa filla. Diego entra no quirófano e Lucía está chea de nervios. Mentres, Ricardo aínda non sabe nada da operación do seu fillo. 

Atopar capítulo por: