Libro de familia
Capítulo 225: Unha obra de caridade
13/06/2010 22:00 h
Varios meses pasaron, e a colleita de tomates xa esta lista para a súa distribución. Pero un contratempo lles agarda aos do invernadoiro cando a auga da traída deixa de estar disponible para os veciños e o Concello descobre que é o gasto de auga dos tomates o que secou o depósito.
Don Pedro, en calidade de alcalde, dalles un ultimátum: ou arranxan o problema ou o invernadoiro será clausurado. Asemade, a colleita para o asilo ten a Don Venancio desolado. De todas as vilas dos arredores, Santalla foi a única que non fixo ningunha doazón. Para non quedar mal, argalla con Elías un plan para obrigar aos do invernadoiro a doar algo da súa colleita.
O episodio culminará cunha sorpresa nada grata para o alcalde da vila.