CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 224: Tocados

06/06/2010 22:00 h

O traballo dos operarios do invernadoiro xa inflúe nos hábitos de vida dos habitantes de Santalla, polos gorros hixiénicos que empregan aqueles e que se converten no detonante para que Carmiña se interese por esta prenda e pretenda reproducila para os veciños. Entregada a esta tarefa, o que agora necesita Carmiña é un modelo que lle sirva de forza de inspiración, que non
vai ser outro que o propio Elías; o taxista acepta levar a gorra a cambio dunha promesa de amor que a súa moza consente en facerlle.

Pola súa parte, Elvira, que non quere quedar atrás, obriga ao persoal do bar a taparse con este tipo de prenda durante as horas de traballo. A resultas desta tarefa, as mulleres comezan a competir para ver quen o fai mellor.

Namentres, no hospital conseguen salvar a vida do alcalde, feito que agrava aínda máis a situación delicada en que se atopa Álvaro, que intentará mover todos os fíos posibles para eludir a cadea.

A crise entre Armando e Deli, agrávase coa estancia de Inés en Santalla.

Atopar capítulo por: