Libro de familia
Capítulo 223: Irmán xemelgo
Como se a festa rachada de Santalla fose unha serie de celebracións continuadas con motivo da inauguración do invernadoiro, acontece a resaca en forma de suceso, pois o alcalde vai caer na trampa de Álvaro, que lle botou veleno na bebida, así que a vida do alcalde pende dun fío. Álvaro desfaise da botella que o incrimina, pero o que quizais non sabe é que hai un testemuño ocular que o ve todo cos seus propios ollos.
Namentres isto ocorre, nos invernadoiros a avidez de negocio de Tomás enfróntase á estrita legalidade de Marcos, que, por outra parte, agarda con expectación a resolución nova sobre a praza de mestra para María. Noutras escenas, a aparición do lascivo e pouco coidadoso irmán xemelgo de Don Venancio provocará un enredo que terá o seu punto máis surrealista cando o
párroco e o irmán intercambian os seus respectivos papeis.