CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 222: Festa rachada

23/05/2010 22:00 h

Co gallo da fin das obras no invernadoiro de Santalla, os veciños organizan unha gran celebración. Pero non todos son convidados e, Elías por fame, e Don Venancio por arranxalo seu televisor, montan un negociete coas invitacións. Dona Elvira, aldraxadísima por non ser convidada á festa, fará todo o que estea na súa man para acudir, e accede a tratar con Elías para conseguilos pases.

Elías engana a Carmiña para que lle proporcione máis entradas, estes feitos orixinarán conflitos na festa. A sociedade Venancio Elías disólvese cando aflora a moralidade de Don Venancio, pero a loita interna do señor cura non rematará ahí.

Asemade, a saúde de Don Pedro está cada vez máis delicada, os seus plans de cedela alcaldía poderíanse ver truncados se algo lle pasase, afectando ao futuro do invernadoiro e especialmente de Marcos, e o seu estado non semella que vaia mellorar. Álvaro segue co seu diabólico plan.

Atopar capítulo por: