Libro de familia
Capítulo 221: O inimigo na casa
Pedro loitará duro para facerse co control do invernadoiro. Para facer presión proponlle a Marcos cederlle o seu posto na alcaldía a cambio do seu lugar na directiva do invernadoiro. Marcos é receloso, xa que de Pedro non pode vir nada bo, e para que non sexa Pedro o que interceda por María. Laura pide axuda a Tomás, quen move uns fíos no ministerio para que lle concedan a praza a María.
Así mesmo, un encontronazo e posterior metedura de zoca de Elías, fan que Pedro lle meta tal medo a Elías que prefira autolesionarse a levar ao alcalde á Coruña. Para evitar este trance, Elías botara man do seu estrafalario inxenio que o meterá nas situacións máis inverosímiles.
Como telón de fondo, unha epidemia de gripe terá á metade dos habitantes de Santalla encamados. Isto provocará situacións incómodas entre Deli e Manuel, que non poden evitar sentir unha fonda atracción o un polo outro.