CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 22: Despedidas

17/07/2005 22:00 h

Os Cabanas e os demais labregos non lle queren vender as terras a D. Román porque as paga a moi baixo prezo e o cacique intimídaos por medio de Álvaro. Cando Tomás se entera das mañas que se gasta Román, dalle a volta as cousas e agora o negocio da mina semella estar do lado de Freire.

Pero ó indiano chóvenlle os problemas: por unha banda, prohíbelle a súa filla ver a Tomás para que non acabe por descubrir que é seu irmán, pero Adela non entende nada; e tamén está Deli. Freire non sabe a que aterse, non se atreve a falarlle abertamente dos seus sentimentos.

Os pais de Rosamari chamaron a Elías porque queren levar á nena para Suíza. Elías fai o imposible por evitar que se marche a súa sobriña. Finalmente é Marisiña a que ten que convencer a Elías de que o mellor para Rosamari é estar con seus pais.

Tamén ós Cabana lles toca despedirse. Manuel atopou traballo na cidade e visto os problemas económicos que veñen arrastrando, decide aceptalo e marchar.

Atopar capítulo por: