Luci
Capítulo 22: Unha pequena mancha
02/08/2015 22:00 h
Mon marcha de viaxe a un “retiro de silencio” e nada pode turbar a felicidade de Berto. Ou iso parece ata que descobre que ten unha preocupante e misteriosa mancha na pel.
O primeiro que fai é chamar a Luci e preguntarlle se ela sabía da existencia desa mancha. Despois, busca na internet e descobre varias enfermidades posibles. Luci convénceo para que vaia ver un especialista e alí atopa a doutora Pita (Marta Doviro), unha rapaza nova con moitas ganas de traballar, pero con escasa capacidade para tranquilizar os seus pacientes.
Entre as pescudas na internet e a estrafalaria dermatóloga que está a tratar o seu caso, Berto acaba convencido de que lle quedan poucos días de vida, así que decide aproveitar o tempo que lle queda con Hadri.