Pazo de Familia
Capítulo 22
As intencións de Luís e Carlos de apartar a Sofía do holding son agora máis explícitas. Expertos na arte de manipular, os homes de palla de César Pardo intentarán que a propia Mónica se una a eles nos seus plans. Un sorprendente xiro de trama amosará que, do mesmo xeito que os aliados poden volverse inimigos, no mundo dos negocios do pazo tamén pode pasar o contrario, segundo os intereses de cadaquén.
Por outro lado, unha antiga moza de Emilio forma parte da comisión avaliadora encargada de conceder a subvención imprescindible para o proxecto do balneario. Emilio entende que conseguir eses cartos pasa por entrar nun xogo de sedución e aceptar unha cea a solas con ela. Pola súa parte, Claudia e Daniel forman parte dun cuadrilátero amoroso que inclúe a Pablo e a Iria.
Mentres tanto, Sara está preocupada polos suspensos de Lolo e porque o cativo chegue tarde despois da escola, o que a leva a pensar en posibles malas compañas. Iso pensa tamén Marisiña que é Tomaso, unha mala compaña que se aproveitou dela mentres durmían a mona, quitándolle a súa honra. A culpa, en todo caso, foi do licor café.