Libro de familia
Capítulo 219: Cultivos de invernadoiro
A relación entre Laura e Pedro está cada vez máis tensa, co que Laura ten a intención de botar a Pedro da casa, pero Pedro garda un as baixo a manga. Laura ten medo das intencións de Pedro. Freire, pola súa banda, alónxase do resto do mundo, enfriando a súa relación con Deli, quen atopa en Manuel a compaña que él non lle proporciona.
María recibe a carta do ministerio relativa a súa praza como mestra de escola. A resolución é negativa, e consegue que Laura acepte mover algún contacto para arranxala situación. Marcos recolle a Álvaro á saída do calabozo, e coméntalle a súa idea para vingarse de Pedro, quen se quere facer co control do invernadoiro a pesares da oposición dos veciños. O futuro invernadoiro de Santalla promete moito traballo para os veciños. A tal fin, Tomás convoca aos veciños a un concurso deste tipo de cultivos para seleccionar aos candidatos.
Carmiña e Elías forman equipo, así como Álvaro e Milucho, a inexperiencia de todos eles levaraos a experimentar neste eido de xeito caótico, Dona Elvira levará a palma en canto a ideas disparatadas.
Finalmente, os veciños reúnense para decidila directiva do invernadoiro.