CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 218: O moneco de Carmiña

25/04/2010 22:00 h

Tomás e Manuel presentan a autorización de Román para añadir as terras de Laura e parece que Pedro nin se inmuta. Pero ten un ás na manga. Mentres a Álvaro deteno a Garda Civil na casa de Laura. Así que o alcalde faille chantaxe a súa curmá: se quere que o seu criado saia do cárcere ten que deixarlle gobernar as súas terras, pero Marcos non a deixa e ocórreselle un plan para sacar a Álvaro de prisión.

Deli segue esquiva con Armando e éste non o entende. Segue botando de menos a Inés e pídelle a Tomás que fale con ela para que lles faga unha visita en Santalla.

Carmiña, pola súa parte, anda tola cun moneco que lle tocou nun sorteo e trátao coma se fose o seu fillo. Esto da lugar a unha gran confusión entre os veciños de Santalla, que pensan que Carmiña tivo un fillo con outro. Elías, que non para de meterse con Paco de Roque por casar cunha muller que tivo un cativo doutro, vai levar un escarmento preparado por Don Venancio.

Sara recibe cartas do seu fillo Pablo e decide marchar a velo ao seminario. María intenta superalo de Tomás, pero descubre algo que a vai decepcionar moito.

Atopar capítulo por: