Libro de familia
Capítulo 214: Un ramillo de flores
Tomás trae ideas innovadoras para sacarlle rendemento ás terras. Pretende construír invernadoiros para optimizar os recursos e incrementar os beneficios. Para iso farán falta dúas cousas: man de obra especializada ou formar á xente do pobo nas técnicas de cultivo en invernadoiros, e solucionar o problema de concentración das terras para levar a cabo a explotación. Neste segundo punto vanse a atopar cun escollo: o novo alcalde, Pedro.
Pedro continúa co seu labor de conquistar a camelar a Laura para sacar o maior proveito posible e, de paso, vingarse de Manuel e Freire. Agora trátase de que Laura non lle deixe o poder a Marcos sobre as súas terras porque sabe que este está disposto a facilitarlles as cousas aos campesiños.
Marcos está desesperado, ve como Pedro vai gañando terreo e poder na súa propia casa. Ademais, Pedro fíxolle unha proposta a Laura que podería darlle un xiro inesperado a toda a nosa historia. O mozo sabe que ten que facer algo, intervir dun xeito determinante para pararlle os pés a Pedro, o usurpador. Recorrerá ao pasado, ao máis sinistro pasado para, dun modo desesperado pero eficaz, lograr que todo volva estar en orde.
Carmiña e Elías padecen mal de amores. A súa relación precisa un empurrón. Elías ha de reconquistar o corazón de Carmiña, aínda que sexa mediante malentendidos.
A presenza de Marga en Santalla saca de quicio a María. Non pode soportar a súa presenza no pobo e como se vai introducindo na vida dos seus amigos. Está invadindo, unha vez máis, a súa intimidade. Ademais, está máis que claro que Tomás e ela son algo máis que xefe e empregada. Tomará cartas no asunto.