CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 21: Horas baixas

10/07/2005 22:00 h

Tomás chega a Santalla. Ven coa intención de axudarlle a Freire co asunto da mina, a cambio de que o acepte na súa casa, pero de ser así, Adela regresaría a Caracas. Tomás acaba por negociar con Román e as cousas aínda se complican máis cando Adela o confunde con outra persoa e se namora perdidamente del.

Tamén chega á vila Manolo, o ex-mozo de Deli, ven disposto a levala con él de volta para a aldea. Ela non o ve tan claro, está namorada de Freire e a nova xa empeza a estar en boca de todos.

Por outra banda, Senén avisa ós labregos de que se vai impartir un curso do PPO para progresar laboralmente. Manuel, Elías, Ramiro e D. Venancio vense envoltos nun serio problema matemático que acaban por resolver dun xeito un tanto curioso.

Atopar capítulo por: