Pazo de Familia
Capítulo 21
Claudia quere demostrar que xa non sente nada polo seu ex Daniel. Para iso, propón celebrar unha cea a catro coas súas respectivas parellas: Pablo e Iria. Pero, se xa unha vez non foron quen de aguantar a tensión sexual ao traballar xuntos, conseguilo agora que buscan un bo slogan publicitario para o hostal que queren abrir no Camiño de Santiago tampouco vai ser doado.
Como promotor do proxecto, Emilio é o principal interesado en atopar esa frase que defina a esencia do soño en que se vai embarcar. E, canto máis se separa de Sofía, triste porque el non quere ter máis fillos, semella que máis se achega a Sara.
Un soño é tamén para Sara pensar en Emilio como en algo máis ca un amigo. Ten que decidir se seguir ese soño ou, pola contra, aceptar a proposición de matrimonio de Baltasar.
Por outro lado, no pazo achégase o aniversario de Lolo, ao tempo que Marisiña se aventura a organizar unha sesión de venda de cosméticos sen o consentimento de dona Leonor. Todo isto, mentres Nino comeza a recuperar a memoria e pregúntalle a Rita que é o que acontece entre el e don César.