Libro de familia
Capítulo 20: Vínculos de sangue
Marisiña dí que víu a súa irmá difunta e ninguén a cre. Don Venancio acaba por pensar que está posuída e tenta facerlle un exorcismo. Pero non todos teñen tempo para as visións na familia dos Cabanas; Manuel ten fortes débedas e aínda que Ramiro parece dar coa solución, montar unha fonda, as malas formas de Román, acaban por facer que Manuel teña que ir a traballar á cidade.
En canto ó asunto da mina, todo está moi parado. Freire vese sobrepasado polos acontecementos, descúbrese que Tomás é fillo seu e Adela négase a coñecelo.
Deli, que se sente moi cómoda traballando na casa do cacique, ó ver así a Freire xa non pode reprimir máis os seus sentimentos e acaba por confesarse co indiano.
Laura tampouco está a pasar un bo momento. Cando tenta asimilar que Álvaro é irmán dela, o médico do hospital explícalle que iso é imposible...