Pazo de Familia
Capítulo 20
20/04/2015 22:00 h
Sofía demostrou aguante e intelixencia, pero con César afiando os dentes na sombra e agora con Carlos de volta no holding empresarial, a muller non sabe en quen pode confiar; nin sequera Mónica está aínda da súa parte.
Ante esta tensión de Sofía no traballo, a vida conxugal con Emilio pasa momentos baixos. Pero o que fora director de O Universal ten a Sara sempre disposta a axudar. Tamén agora que, xunto con Daniel, se enfronta aos veciños das Vendas, radicalmente opostos á construción do balneario. Ademais, por se fose pouco para Sara ter que decidir se acepta ou non o compromiso con Baltasar, ten que lidar tamén con Rita, decidida a sacar á luz que Nino é o bastardo do seu patrón.