CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 2: Vandalismo

04/05/2014 22:00 h

Unha mañá posbotellón, traballando no parque, Luci atopa un mozo tirado sobre un xardín. Este permanece inconsciente entre unha chea de botellas de alcol baleiras, así que Luci chama a policía. Cando o rapaz recobra o sentido, dáse de conta de que é Kevin (Enrique Lojo), o fillo dunha amiga da familia, pero nese momento chega a policía e lévano detido.

Luci queda chafada, pero, para a súa sorpresa, volve atoparse con Kevin no parque, esta vez como compañeiros de traballo, xa que é condenado a cumprir servizos para a comunidade, concretamente axudando no mantemento de parques e xardíns. Agora será o tutorando de Luci e vaille dar máis dunha dor de cabeza. 

Kevin axiña se fai amigo de Cosme (Víctor Mosqueira) e entre os dous volven tola a Luci: gástanlle bromas e están todo o día de palique coma dous nenos pequenos. Luci xa non sabe que facer con Kevin e conta os días para que cumpra a multa e marche.

Atopar capítulo por: