Libro de familia
Capítulo 2: Unha tele en Santalla
Os labregos, con Manuel Cabanas ó fronte, conseguen formar a cooperativa, pero don Román déixaos sen transporte. Freire, que se dedica ó contrabando de tabaco, ve no transporte de leite un xeito de protexer a súa actividade sen levantar sospeitas.
Os nenos fan correr a nova de que Freire mercou unha tele e a este non lle queda máis remedio que convidar a todo Santalla a ver un partido. A todos menos a Elías, o taxista, co que tivo varias discusións. Pero á tele non lle chega o sinal e o único que o pode solucionar é Elías.
En Santalla empezan a pensar que entre Elías e Marisiña, a criada dos Cabanas, está xurdindo o amor, pero Marisiña négase a recoñecelo.
Telmo decide marchar de Santalla, aínda que non tarda en decatarse do mal que estaría Laura se quedase soa con don Román.
Marcos segue facéndolle a vida imposible a María aproveitando que estudia na súa casa.
Pablo e Rosamari conseguen cartos vendéndolle á xente a nova da tele de Freire, pero finalmente as cousas non saen como esperaban...