Rías Baixas
Capítulo 19
01/03/2001 17:30 h
Gloria empeza a sufrir unha serie de accións na súa contra, o que lle fai pensar que quizais sexa unha persoa non grata na vila.
Por outro lado, Telmo, un dos socios da adega, desesperado pola situación, pídelle que forme
parte do novo equipo.
Berte négase a falar coa súa nai e comunícase con Iago chateando. Teté suxírelle a Olaia que utilice o chat para comunicarse co seu fillo.
Uxía recoñece que Gonzalo a protexe, sorprendéndolle que non lle pida nada a cambio.