Serramoura
Capítulo 18: Guerra (1ª parte)
O traballo nos montes de Serramoura realízase agora escopeta en man e os límites entre propiedades xa non os marcan os rexistros, senón Evaristo e Santos en persoa. Unha situación extrema que só pode acabar mal, xa que en Serramoura mesturar escopetas e conflitos de lindes supón demasiado perigo, mesmo para a Garda Civil.
Tras pasar por unha investigación por parte de Asuntos Internos, o antes sarxento Diego Bazán foi apartado da Unidade de Investigación. A partir de agora será un garda máis do posto de Serramoura e desenvolverá o seu labor con uniforme, lonxe do traballo que lle gusta. Unha sanción moi leve, se se ten en conta que estaba en xogo a súa expulsión da Garda Civil.
Raquel tivo por fin o seu bebé. Unha grande alegría para todos en Serramoura, pero moi especialmente para dona Teresa, avoa do pequeno, inmersa aínda no duelo pola morte do seu fillo.