Luci
Capítulo 18: Divorcio
Luci e o seu ex deciden comezar cos trámites do divorcio, para o que se reúnen con Verónica (Iolanda Muíños), a avogada que levou a separación de Sole. Unha muller que xa desde o principio dá sinais de non ser unha persoa moi equilibrada e non lles pon nada fácil o trámite.
Como Luci e Berto se levan bastante ben, Verónica case chora da mágoa que lle dá que se divorcien e mesmo intenta que se xunten de novo. O día seguinte que van visitala, escóitana discutir cun home xusto antes de entrar ao despacho. Ao parecer, o seu home enganouna e agora Verónica paga as súas frustracións con Berto.
Ademais, Luci terá que lidar cos cambios de opinión de última hora de Berto, que ao principio estaba moi colaborativo, pero despois non sabe por onde tirar, mentres repasan o que foi o seu matrimonio. Berto non está seguro do que quere porque, no fondo, ten medo de perder a Luci.