Luci
Capítulo 17: San Xoán
Luci sae dar unha volta con Cosme na noite de San Xoán e a cousa váiselles das mans. Ao día seguinte, Luci esperta sentada na cociña, cunha resaca enorme e cun chupón no pescozo que non lembra quen llo fixo.
Cando chega a traballar, todo o que fai e di Cosme apunta a que se enlearon a noite anterior, pero a sorpresa é moito maior cando descobre quen é o seu ligue. Luci recibe unha mensaxe dun descoñecido, un tal Álex, aludindo ao ben que o pasaron. Cosme e Luci intentan reconstruír a noite e seguen sen saber quen é o da mensaxe. Deciden chamalo por teléfono e reciben a sorpresa máis incrible: Álex é unha muller, concretamente unha traballadora de reforzo dos xardíns.
Agora si que alucinan todos: Luci, a súa irmá Sole e Cosme. Para pechar o tema, Luci e Álex quedan para tomar un café. Luci vai disposta a deixar claro que só lle gustan os homes, pero ao final a quen lle poñen as cousas claras é a ela.